Etiquetas

viernes, 18 de mayo de 2012

Verín 0-1 Ourense

Derrota dos Cadetes na ida das semifinais da Copa...
Pésimo partido dos nosos na tarde do sábado, na que como de costume había un moi bo ambiente nas gradas da Granxa.
Comezou o encontro bastante igualado, aínda que nos primeiros minutos o Ourense xa contou con un remate de cabeza ó longueiro...
O Verín xogou moito con balóns en largo, pero a defensa do Ourense estivo impecable...
O tempo pasaba e os achegamentos sucedíanse nas dúas porterías, pero o gol non chegaba. Finalmente, a 1 minuto do remate da primeira metade, o dianteiro do Ourense con un tiro bastante escorado ó primeiro pau, bate ó meta verinense...
Co 0-1 chegaríamos ó descanso.
Na segunda parte o Verín recuperou un pouco do seu xogo e achegouse con algo máis de perigo, pero o gol seguía sen chegar.
O Ourense seguía a ter ocasións, maioritariamente en contras, pero tampouco foi quen de sentenciar o encontro.
Así chegaríamos ó final do partido... A eliminatoria queda moi complicada para os nosos, e máis ó ter que visitar un campo como o de Salesianos!
          DOMINGO 20, ÁS 11.00 VOLTA DAS SEMIFINAIS! MOITA SORTE!

1 comentario:

  1. Vamos cadetes que podedes, hai que remontar o domingo os da capi!!!!!!

    ResponderEliminar