Partido relativamente cómodo para os nosos aínda que non o parezca polo resultado.
A primeira parte foi un acoso constante dos locais con claras ocasións de gol por parte de Manu e José, que rexeitou o porteiro con grandes intervencións. As oportunidades máis claras do Sta.Teresita chegaban nos balóns largos do porterio. No minuto 35, José Moro remataba un córner botado por Manu e colocaba o 1-0 no marcador. Chégabase así ó descanso.
Na segunda parte, o Verín dominou máis que na primeira metade, ata que no minuto 20, Íñigo marcaba o 2-0 nunha falta frontal. Os visitantes non tiñan practicamente ocasións, e nos intres finais, Ívori anotaba o definitivo 3-0 a centro de Manu nun saque de esquina.
O partido remataba co 3-0 e os Cadetes conseguían os tres puntos e colócase con 7 na clasificación.
11 inicial: Eddy, José Ramón, Luis Miguel, Íñigo (C), Álvaro, Ívori, Manu, Félix, Fernando Prieto, José Moro e Roi.
Banquillo: Xocas, David (P), José Dasilva, Iago Lombao e David Añel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario