Etiquetas

martes, 6 de noviembre de 2012

Verín 1-2 Arenteiro B Jor.8

      Derrota dos Cadetes, nun partido que tiñan que que gañar para seguir vivos na loita para o pase á segunda fase.
      A primeira parte comezou cun dominio dos locais, malia que mantiñan a posesión do balón non daban creado ocasións claras. O Arenteiro B non tiña o balón e só nun saque de esquina no que rematou un xogador so ocasinou perigo na porteria de Verín.  No minuto 20, Marcos anotaba para o Verín o 1-0, logo  de empuxar á rede un rexeite do porteiro. Pouco despois, Íñigo propiciaba unha falta ó borde da área e un xogador visitante colocaba a pelota na escuadra e o 1-1 no marcador. Con ese resultado chegábase ó descanso.
      O Verín comezaba a segunda parte con 4 cambios con respecto á alineación inicial (Saíron : Fernando Prieto, Luis Miguel, Luis e Marcos. Entraron: Félix, José Moro, David Añel e Ívori). Os cambios surxiron efecto, e os locais encerraron ós de Carballiño no seu campo. Ós 10 minuto da reanudación, o dianterio do Arenteiro B puña no marcador o 1-2 despois de aproveitar un desaxuste defensivo dos nosos. O Verín seguia diposdo de moitas oportunidades, incluída unha de David Añel dentro da área, na que non acertou a meter e o final, non deron remontado e o partido remataba 1-2.
      Esta derrtota deixa tocados ós Cadetes. Baixan dúas posicións na táboa, quedándose 5º, empatados a puntos co Celanova, a 1 punto do Arenteiro B (4º) e a 2 do Barbadás B (3º).

 11 inicial : David, Dani, Luis Miguel, Teixeira, Íñigo(C), José Dasilva, Luis Salgado, Fernando Prieto, Lingri, Manuel e Marcos

Banquillo: Rubén, Ívori, Félix, David Añel, José Moro


No hay comentarios:

Publicar un comentario