Etiquetas

martes, 6 de noviembre de 2012

Allariz 0-4 Verín Jor.7

          O Verín gañou un partido de gran trascendencia para seguir vivos na loita polo pase á segunda fase.
      Os nosos saíron concentrados, e manteron moito tempo a posesión. Toda esa posesión non se materializou en ocasións debido á forte presión do Allariz. Aínda que os Cadetes tiñan a posesión, os primeiros en chegar a portería con claridade foron os locais, nun perigoso disparo dende a frontal da área que rexeitou David. A mediados da primeria parte, Luis colgou de falta un balón a área que rematou Ívori anotando o 0-1. Este gol déulle moita moral o Verín, e poco tempo despois, José Moro dáballe un pase ó hoco a Lingri deixandoó só contra o porteiro, éste acertaba a definir e marcaba o 0-2. Con este resultado chegábase ó remate dos primeiros 40 minutos.
       Na segunda parte o Allariz saíu moi forte buscando un gol que os metera no partido. Aínda que nos primeiros 30 minutos, a posesión estaba repartida, o Allariz no xeraba oportunidades e o Verín non materializaba das que dispuña. No minuto 29, José Moro marcaba o 0-3 mediante unha falta que tocaba lixeiramente na barreira. A partires de aquí, os últimos 10 minutos foron un monólogo do Verín e no último minuto, despois de varias ocasións erradas Marcos puña no marcador o definitivo 0-4 tras empurrar á rede un rexeite do guardameta.
        
11 inicial: David, Íñigo (C), Alfredo, Teixeira, Xocas, Ívori, Luis, Félix, Lingri, José Moro, David Añel.

Banquillo: José Ramón, Manu Sánchez, Miguel, Marcos

No hay comentarios:

Publicar un comentario