Etiquetas

domingo, 20 de enero de 2013

Verín 2-0 Antela Xor.6

      Victoria importantísima do Verín fronte un dos rivais más difíciles da liga contra o que perderan 7-0.
      A primeira parte empezou con Verín tocándo o balón, aínda que o Antela presionaba moi forte a saída de balón dos locais. Os locais sacaban o balón ben dende atrás, pero en moitas ocasións, os de Xinzo roubaban o balón e montaban a contra moi rápido, pero non daban cheagado a porta con claridade. Os Cadetes, nesta metade, non dispuxeron de ocasións moi claras, realmente, non tiraron a porta, só nunha falta sacada por Luis conseguía rematar Ívori, aínda que a paraba o porteiro. Alfredo, a novidade na portería verinense, parou os poucos tiros do Antela. Co 0-0 chegábase ó descanso.
      Na segunda parte, o partido animóuse cando, despois de entrar por Cristian, Añel quedábase só contra o porteiro grazas a un pase de Félix e colocaba o 1-0 no marcador. Nese momento, o partido volveu o mesmo guión da primeira metade, os locais chegaban pouco a porta (aínda que nesta parte con máis ocasións) e o Antela seguían intentando marcar nunha contra. Pouco despois do gol de Añel, o 7 visitante tivo a oportunidade máis clara que dispuxo o seu equipo, un mau a mau contra Alfredo, que milagrosamente para o tiro e aínda que despois rebotara na cabeza do xogador , marchábase pola línea de fondo. A falta de cinco minutos para o remate do partido, Enrique puña un centro na área que remataba Añel, marcando o 2-0 definitivo.
     O Verín, despois desta victoria, colócase oitavo na clasificación. O seguinte partido será no campo dos Salesianos contra o Ourense.

11 Inicial: Alfredo, Enrique, Íñigo (C), Teixeira, Álvaro, Ívori, Miguel, Félix, Cristian, Luis, Prieto
Suplentes: Manu, Moro, Añel, Luismi, Brian











No hay comentarios:

Publicar un comentario