Etiquetas

jueves, 28 de febrero de 2013

Arrabaldo 1-1 Verín Xor.10

       Empate inxusto do Verín, do que saca un punto que sabe a derrota, xa que mereceu con creces gañar.
       Os Cadetes saíron foi fortes e moi centrados no partido. Presionaban en tres cuartos de campo e non deixaban saír co balón xogado ó Arrabaldo, cuxa única solución era buscar o seu dianteiro mandándolle pases largos, malia que a maioría dos balóns cortábanos Teixeira e Xocas. O Verín, pola contra, si que daba enlazado xogadas, e a maioría destas acababan ocasionando perigo na porta dos locais. A mediados da parte, Lingri, despois dunha xogada individual pola banda, marcaba o 0-1 cun tiro cruzado. Non pasara moito tempo dese gol, cando, nun despexe dun saque de esquina na área do Arrabaldo, chegaba o porteiro do Verín e non atinaba a despexar o balón e o dianteiro local aproveitábao e metía o 1-1. Con ese resultado, chegábase ó descanso.
       Á volta do descanso, o Verín mantía a mesmo presión do primeiro tempo, pero non xeraba a mesmas oportunidades do que antes do descanso. En cambio, o Arrabaldo empezaba a chegar á porta verinense, pero sen ocasionar ningún peligro. Só un tiro lexano rexeitado polo porteiro, ó que case chega un xogador local, puxo o medo no corpo nos visitantes. O final estivo marcado polas continuas protestas dos dous equipos á árbitro. O partido rematou có 1-1, pero cando xa os xogadores estaban no vestuario, profiriéronse insultos dende o vestuario do Arrabaldo contra o do Verín.
      Unha das novas do partido foi o cambio no banquillo do Verín, agora o adestrador é Luis Ossorio
      .
11 titular: David, Álvaro, Íñigo (C), Teixeira, Xocas, Ívori, Manu, Félix, Lingri, Moro, Añel.
Suplentes: Carrete, Brian, Luis, Luismi, Prieto.









No hay comentarios:

Publicar un comentario