Etiquetas

domingo, 3 de marzo de 2013

Verín 2-0 Barbadás B

      Importante victoria do Verín na casa que o coloca sexto na clasificación.
      Os Cadetes saíron a presionar igual que a semana pasada, pero o Barbadás sacaba o balón con pases largos, polo que os primeiros minutos do partido foi un partido de ida e volta. Logo, aínda que a posesión estaba repartida, os locais empezaron a dominar o encontro e a ter moita ocasións, pero todas desperdiciadas.Añel foise so contra o porteiro unha vez e só se xogaba pola banda dereita, entre Lingri e Enrique, aínda que no creaban oportunidades moi claras, a maoría empezaban no medio campo, en Félix, Manu e Ívori. Pola contra, o Barbadás B, aínda ter bastante o balón, non chegaba con moita claridade á portería de David, xa que a maoría das súas xogadas terminábanse antes de chegar á área grande, grazas ó gran traballo da defense verinense. Só, unhas faltas laterais inquietaron ós nosos. Dous minutos antes de chegar ó descanso, Añel íase de tres xogadores pola banda nuha boísima xogada, dáballe un pase da morte a Manu, que estaba practicamente so na área pequena, e logo de regatear a un xogador visitante, colocaba cun tiro cruzado o 1-0 no marcador.
      Na segunda parte, o Verín empezou a xogar mellor, tiña máis o balón e seguía creando ocasións de gol, pero, ó igual que na primeira metade, non aproveitaba ningunha. Ca entrada de Adrián Barreira, empezou a xogarse máis pola banda esquerda e había máis profundidade no xogo, No minuto 20, Teixeira controlaba un córner pasado na área grande, e cun gran tiro cruzado que entraba pola escuadra, marcaba o 2-0 a favor do Verín.  A partir de ese gol,  empezaron fixéronse os cambios no Verín, entraron Luis,Carrete, Xocas e Alfredo e saíron Manu, Enrique, Álvaro e Lingri. O Barbadás B xa non tivo ocasións e os Cadetes dispuxeron varias, como dous tiros ó palo, un de Íñigo e outro de Barreira e moitos centros dende as bandas. Co 2-0 chegouse ó final, quedándose os tres puntos na casa.

11 inicial: David, Álvaro, Íñigo (C), Teixeira, Enrique, Ívori, Manu, Félix, Lingri, Moro, Añel.
Suplentes: Alfredo, Luis, Dani Carrete, Adrián Barreira, Xocas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario