Etiquetas

domingo, 3 de febrero de 2013

Verín 4-0 Celanova Xor.8

      Importante victoria do Verín na casa despois da aparatosa derrota nos Salesianos a xornada pasada.
      O partido non empezaba moi ben para os Cadetes, o Celanova mantiña o balón, facendo xogadas polas bandas e con algún pelotazo en largo buscando o seu dianteiro, aínda que non conseguiron facer un tiro a porta en todo o partido. Os Cadetes practicamente só xogaban pola banda dereita e intentaban empezar as xogadas dende atrás. Malia non ter pouca posesión, foron os locais o que crearon as ocasións máis claras da primeira parte. Cerca do minuto 30, Enrique sacaba un córner moi cerrado e o porteiro do Celanova escapábaselle das mans e se colocaba na porteria, pondo o 1-0 no marcador. Cando faltaban menos de cinco minutos para chegar ó descanso, Manu dáballe un pase en profundidade a Marcos, que estaba en claro fora de xogo, pero o árbitro non o pitou (aínda que había clara intención de seguir a xogada) ata que chegou ó balón e houbo un encontronazo entre el e o porteiro visitante ó que, nese choque que non parecía nada fora do normal, salíuselle o xeonllo do sitio. As últimas noticias que tivemos son que foi unha luxación e que xa lla colocaron.
      A segunda parte comezou ben para os locais, tocando o balón no medio campo e sen deixar que o Celanova tivera algunha oportunidade clara. Despois de facer unha xogada ensaida nun saque de banda, Añel(que entrara no descanso) recibía un pase ó hueco e batía o porteiro visitante ós dez minutos da reanudación.Toda esta metade tanscurriu prácticamente co mesmo guión, o Verín co balón creando peligro pero o Celanova defendía ben. A media hora, Enrique puña un centro o área, o gardarredes non conseguía atallar o esférico e Añel metía o 3-0. No último minuto, Íñigo remataba de cabeza un córner e coloca no marcador o definitivo 4-0.
       Segunda victoria neste Playoff polo título dos Cadetes que se poñen a dous puntos do ascenso.

11 inicial: David, Enrique, Carrete, Teixeira, Íñigo (C), Ívori, Prieto, Jose Dasilva, Manu, Moro, Marcos.
Banquillo: Félix, Alfredo, Luis, Añel, Lingri

Dende o equipos e as Escolas Deportivas mandámoslle moitos ánimos ó porteiro do Celanova e esperamos que non sexa nada e que se recupere pronto.












No hay comentarios:

Publicar un comentario