Etiquetas

jueves, 11 de abril de 2013

Verín 0-1 Ourense Xor.16

    Derrota na Granxa do Verín que o deixa matemáticamente fóra dos postos de fase de ascenso.
    A primeira parte foi bastante monótona, xa que os dous equipos manexaban ben o balón no mediocampo, pero non conseguían chegar a ningunha das porterías, no se creaban ocasións. Eso foi posible grazas as boas defensas dos dous equipos. As oportunidades máis claras do Ourense foron uns saques de esquina nos que buscaban ó seu home máis alto en xogadas ensaiadas. As do Verín, dous mans a mans que tivo Añel, pero un cortouno o central ourensán e noutro sacou centro ó que ninguén chegou.
    A segunda parte tivo prácticamente o mesmo guión ca primeira, só que con algunha ocasión máis para cada equipo. O Ourense buscou con balóns en largos cara as bandas e os Cadetes seguían co seu xogo de tocar a eplota dende atrás, pero non resultaba moi efectivo, só cando facían cambios de orientación do centro a unha banda. Nunha falta lateral, e despois de moitos rebotes, caíalle o balón nos pés a Ivorí na área pequena, pero acertaba a rematar a porta a oportunidade de gol máis clara ata o momento dos locais. Cando faltaban quince minutos para o remate do partido, un dos xogadores remataba no borde da área grande un rechace dun córner, con tan mala sorte que daba nun dos nosos xogadores e entraba na portería de David, era 0-1 definitivo. Logo, o Verín dispuxo dunha falta lanzada por Barreira, pero que non encontraba porta. Ó final, o partido remataba 0-1 e supuña a eliminación od Verín na loita por entrar nos postos de fase de ascenso.

11 inicial: David, Jose Ramón, Alfredo, Íñigo (C), Barreira, Ívori, Luis, Félix, Lingri, Enrique, Añel.
Suplentes: Prieto,Álvaro, Brian, Marcos, Carrete

No hay comentarios:

Publicar un comentario