Etiquetas

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Verín 3-2 Ourense Xor.9

       O Verín gáñalle ó lider (ata este partido invicto) e consigue 3 puntos moi importantes. Grazas a esta victoria, xa ten un pé na segunda fase.
       A primeira parte empezou como moitas nos partidos dos Cadetes, os nosos tocando o balón e ca posesión e o Ourense con ocasións, aínda que menos có Verín. Enrique e Lingri facían moito dano pola banda dereita, con algúns desdobles e dous para un que ocasionaban centros a área. Pola outra banda, non se facían tantas internadas, aínda que José Moro tivo algunhas ocasións. No medio, o Ourense practicamente no vía o balón cando pasaba por Félix, Ívori e Manu. A defensa estivo moi ben, e os visitantes non conseguiron tirar a por nos primeiros 45 minutos. No 35, Enrique colgaba unha falta dende o bordo de que peinaba José Moro e que Lingri empexuba ata o fondo da rede, colocando o 1-0 no marcador.
      A segunda parte foi moi entretida. Ó pouco de renaudarse o partido, un pase en largo ó interior ourensá collía desprevida á defensa e cunha boa vaselina, anotaba o 1-1. O Verín quería ir a polo partido, e Manu, despois dun saque de esquina, collía ó balón na frontal da área e despois de que rechazara nun xogador do Ourense, rentraba pola escuadra, era o 2-1. Nunha xogada pola banda esquerda, Íñigo dáballe un pase ó oco a Añel, pero o central visitante facíalle unha entrada, dándolle cos tacos no xeonllo e o árbitro ensináballe a segunda amarela (a primeira foi nunha entrada sin balón a Félix). O Ourense quedábase con un menos e nesa mesma falta, Añel (que foi quenj a provocou) remataba ca testa un centro de Luis(que entrara por Manu) facendo o 3-1. A partires do minuto 25, fixéronse 3 do 5 cambios do Verín, entraban Alfredo, Álvaro e Miguel por Íñigo, Xocas e Lingri respectivamente. O visitante marcaban de falta o 3-2, pero a defensa férrea dos locais consegui que non empataran. Eddy entraba a falta de 3 minutos,e  o resultado resultado final foi 3-2.
      Foi un partido moi bó dos Cadetes, sobretodo en defensa, impedindo que o Ourense chegara a porta na maior parte do partido e tamén no medio, onde se distribuía o xogo cara as bandas.
      Esta semana, o Verín enfróntase ó segundo clasificado, o Antela, que só perdeu conta ó Celanova (que tamén lle gañou ó Verín)

11 inicial:  David, Enrique, Íñigo (C), Teixeira, Xocas, Ívori, José Moro, Félix, Lingri, Manu, Añel.

Suplentes: Eddy (P), Alfredo, Álvaro, Luis, Miguel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario