Etiquetas

sábado, 9 de marzo de 2013

Rúa 2-1 Verín Xor.12

      Os Cadetes, aínda que xogou un dos seus mellores partidos da tempada (por non decir o mellor), perdeu contra A Rúa, e quédase máis lexos dos postos de Fase de Ascenso.
      O Verín saíu a presionar en tres cuartos de campo dende o minuto 1, para non deixar que os locais xogaran o balón dende atrás. Esa presión deu fruto, xa que a maoiría das xogadas morrían ó chegar o medio campo, xa que só xogaban pola súa banda dereita, onde Moro (e logo Barreira) e Íñigo estaban encima dos xogadores da Rúa e se ían polo medio, sempre estaba Félix para roubar a bóla. O Verín mantiña a posesión, pero tiña poucas oportunidades.varios córners sacado por Manu e un tiro de Barreira dende a frontal foron aas oportunidades más claras das que dispuxo o Verín na primera metade. Pero os locais, en cambio, non tiraron ningunha vez a porta, debido a presión dos visitantes. Có 0-0 chegouse ó descanso.
      Na segunda metade, A Rúa tivo máis a posesión, pero seguía sen crear moito perigo na portería de Eddy. O Verín, seguía facendo boas xogadas, pasando pola maioría dos xogadores, pero Marcos (que entrara por Lingri) non atinaba a rematar a portería os centros ó área que puña Enrique dende a banda dereita. A mediados da parte, Íñigo non daba despexado ben ó balón na banda, collíao un dos xogadores que entrara na Rúa, íase dos dous centrales e batía a Eddy cun tiro cruzado axustado ó palo. Dez minutos despois do gol, e debido o resultado e ós problemas musculares de Enrique, Luis movía o banquillo, entraban Brian e Alfredo e o Verín pasaba a xogar con defensa de tres, pero no daba empatado. Cando faltaban cinco minutos para ó remate do partido, A Rúa marcaba nun saque de esquina ó 2-0. Xa no desconto, Luis facía o 2-1 cun potente tiro dende fóra da área.
   
11 inicial: Eddy, Enrique, Íñigo (C), Teixeira, Álvaro, Ívori, Manu, Félix, Lingri, Moro, Barreira.
Suplentes: Alfredo, Brian, Prieto, Luis, Marcos






No hay comentarios:

Publicar un comentario