Etiquetas

jueves, 21 de marzo de 2013

Verín 2-2 Arenteiro Xor.13

      Inxusto empate debido á mala actuación arbitral do Verín na casa, malia comezar gañando 2-0.
      O partido comezou ca presión de tres cuartos de campo do Verín, que o Arenteiro solventaba con patadóns arriba, non só cando se vían apurados, se non que na maioría das xogadas. Os Cadetes saían ben co balón ata o mediocampo, pero aí atascábanse debido á boa defensa visitante, os que ocasionaban perigo na portería de David. Pasados os 25 minutos de partido, Íñigo colgaba unha falta ó área, e despois dun barullo, Lingri lograba sacar un potente tiro á escuadra, colocando o 1-0 no marcador. A primera parte foi de ida e volta e desgastou aos dous equipos.
      Na segunda metade, nos primeiros 15 minutos, o partido seguíu igual ca no remate da primeira, e Lingri, aproveitou un centro que se lle escapou ó porteiro e metía, practicamente na liña de gol, o 2-0. A partir dese gol, todo cambiou, o Arenteiro fíxose có control da posesión e do partido, e empezaron os rifirrafes entre os xogadores locais e visitantes, que marcaron por completo ó resultado final. O primeiro foi entre Barreira (ó que lle sacaron cartulina amarela) e o porteiro dos de Carballíño, e Luis, que entrara a separar ós xogadores, pero que volvera ó banquillo, foi expulsado por dobre amodestación, ningunha delas perfectamente xustificada polo árbitro, o que lle sacou o cartón amarelo a Lingri (ésta si xustificada). Despois, houbo pequenas discusións, pero que no levaron á intervención do árbitro. Ó final, os visitantes souperon aproveitar os desasxutes dos locais para meter o 2-1. Botáronse arriba e nun saque de esquina, un xogador visitante remataba e Enrique sacaba o balón ca mau, o que ocasionaba a sñua expulsión e o penalti que se convertería no 2-2. Con ese resultado e co descontento xeral dos Cadetes e da grada, remataba o partido.

11 inicial: David, Enrique, Íñigo (C), Teixeira, Álvaro, Ívori, Manu, Félix, Lingri, Moro, Barreira.
Suplentes: Jose Ramón, Alfredo, Marcos, Luis, Añel.










No hay comentarios:

Publicar un comentario