Etiquetas

martes, 26 de marzo de 2013

Verín 0-1 Chantada Xor.14

      Derrota dos Cadetes por 0-1 na Granxa, ós que lles é practicamente imposible meterse na fase de ascenso.
      A primeira parte non foi unha das mellores do Verín no que vai de segunda volta. Deixaron tocar o balón ó Chantada, aínda que Manu exercía unha forte presión no mediocampo, chegaban con relativa facilidad ata a portería de David, xa que a defensa non estaba moi atinada. O Verín tamén tiña as súas ocasións, pero poucas e ningunha con perigo de gol e a maior parte dos saques de esquina atallábaos o porteiro visitante antes de que ninguén dera rematado. Nunha ocasión aillada, Moro deu o susto da primeira metade, o terse que retirar á banda lesionado debido a unha patada por detrás que non foi ni falta, pero recuperouse e seguíu xogando. A piques de chegar ó descanso, o interior do Chantada conseguía chegar ata a área pequena e por cun tiro cruzado o 0-1 no marcador.
      Na segunda metade, o Verín saíu a gañar o partido para seguir vivos polos postos de fase de ascenso polo que o Chantada encerrouse atrás, deixou a posesión do balón ós locais e limitouse a intentar crear oportunidades mediante balóns largos do porteiro e dos centrales e no minuto 20' quedábase sen un xogador debido dúas amarelas ben sacadas polo árbitro. Os Cadetes creaban poucas ocasións de gol, polo que pasaron a ter defensa de tres. Non levaban nin dous minutos con esa configuración cando Teixeira era empuxado e batía no chao con tal mala sorte que rompía a clavícula, o que lle terá un mes de baixa. A poucos minutos de rematar o encontro, Íñigo e Moro facían unha xogada ensaiada nunha falta lateral , na que o balón quedaba na liña de gol, pero ninguén atinaba a empuxar e na segunda xogada, pedíase penalti sobre o propio Moro, que collera o despexe. Co 0-1 remataba o partido e deixa ó Verín 8º na clasificación 8 puntos do 4º, que cerra os postos da fase de ascenso.

11 inicial: David, Alfredo, Íñigo(C), Teixeira, Álvaro, Ívori, Manu, Luis, Lingri, Moro, Barreira.
Suplentes: Eddy(P), Jose R., Luismi, Añel, Marcos.












    

No hay comentarios:

Publicar un comentario